Nova edición do premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo

O proxecto xurdiu co fin de reflexionar sobre a situación do galego e incentivar o seu uso nos medios

galego
photo_camera galego

O Concello de Carballo convoca a décimo cuarta edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores, un certame que ten por obxectivo promover o galego reflexionando sobre a súa situación nos medios. O premio ten un valor de 1.250 euros e inclúe a difusión do artigo nos medios participantes.

O prazo de admisión de artigos estará aberto até o 20 de abril e pódese entregar ou enviar ao Pazo da Cultura de Carballo. Os textos deben ter unha extensión de entre 1.800 e 3.000 caracteres e neles pódense tratar diversas cuestións: situación sociolingüística, experiencias, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, política lingüística, lexislación, etc.

O artigo gañador recibirá un premio de 1.250 euros, ademais da difusión nos medios colaboradores coa iniciativa, entre os que se atopa Sermos Galiza. As bases completas poden consultarse na páxina do concello ou a través do seu Servizo de Normalización Lingüística

Comentarios