Nos puntos de vacinación en Catalunya, información en galego

E noutros 25 idiomas.

panel galego

A guía de vacinación contra a Covid-19 está dispoñíbel en galego nos puntos de vacinación de Cataluña. Nos paneis informativos que o Departamento de Saúde do Goberno catalán ten instalados nestes espazos, os códigos QR están en 26 idiomas, entre eles, en galego, euskara, árabe e  fula, entre outros.

Mediante o seu escaneado pódese acceder a dous documentos. Unha guía curta e outra longa. Responden algunhas preguntas que poden ser de interese e utilidade para as persoas os usuarias.

Estas son as preguntas que recolle a guía: "Como é o proceso de vacinación fronte á Covid-19?"; "E cando recibiches unha dose de vacina, que?"; "Que efectos secundarios pode producir a vacina?"; e "Que beneficios reportara a vacinación?". Así, as persoas vacinadas saben que facer na zona de vacinación, incluso unha vez que saen dela.

Segundo explica a Generalitat na súa páxina web, os circuítos de vacinación da COVID-19 son diferentes aos doutras vacinas "e poden xerar dúbidas", por iso crearon estas guías.

Comentarios