Nicho, o estudante asiático, celtista que canta á perfección o Himno Galego

Está na Galiza cun grupo de estudantes de diversos países para aprender español. No interior podes ver como interpreta 'Os Pinos'

 

Balaidos Campus Sapin asiáticos
photo_camera Nicho, levemente inclinado para adiante, sostendo a bandeira do Celta (Foto: Campus Spain)

Quince rapaces e rapazas de China, Indonesia, Filipinas, Malasia ou India están na Galiza desde hai unhas semanas participando en ‘Campus Spain’ -no que está o Centro de Linguas da  Fundación Universidade de Vigo-.

Entre estes estduantes está Nicho, cuxo vídeo cantando o Himno Galego á perfección en Balaídos está a se estender polas redes. E non é a primeira vez! Nicho xa gravara outro vídeo hai unhas semanas no que tamén cantaba o himno nacional galego.

A propia ‘Canteira Celeste’, perfil oficial da canteira do Celta parabenizou o estudante polo seu compromiso e sentimento.

No marco deste ‘Campus’ os e as participantes visitan diferentes localidaeres, institucións e espazos, entre eles o estadio do Rc Celta, onde Nicho gravou, bandeira do equipo aos ombros, ‘Os Pinos’.

 

Comentarios