Quince rapaces e rapazas de China, Indonesia, Filipinas, Malasia ou India están na Galiza desde hai unhas semanas participando en ‘Campus Spain’ -no que está o Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo-.
Entre estes estduantes está Nicho, cuxo vídeo cantando o Himno Galego á perfección en Balaídos está a se estender polas redes. E non é a primeira vez! Nicho xa gravara outro vídeo hai unhas semanas no que tamén cantaba o himno nacional galego.
A propia ‘Canteira Celeste’, perfil oficial da canteira do Celta parabenizou o estudante polo seu compromiso e sentimento.
No marco deste ‘Campus’ os e as participantes visitan diferentes localidaeres, institucións e espazos, entre eles o estadio do Rc Celta, onde Nicho gravou, bandeira do equipo aos ombros, ‘Os Pinos’.
😱😍 S-E-N P-A-L-A-B-R-A-S
— Canteira Celeste (@CanteiraCeleste) November 30, 2020
⠀
🏟 Fai uns días, un grupo de estudantes asiáticos visitaron o estadio #AbancaBalaídos por medio de @campus_spain. Un destes mozos animouse cantando o himno galego a pé de campo 🗣️🎶
⠀
💙 Grazas polo voso cariño e sentimento pola nosa lingua! pic.twitter.com/VA0csUg4XL
😊 Tras siete semanas en Vigo, uno de nuestros alumnos de #EspañolLCA canta el himno gallego mejor que muchos de nosotros. Además, hoy cumple años. ¡Muchas felicidades, Nicho! 🎉🎂¡Gracias, @campus_spain, por el vídeo!#centrodelinguasFUVI #proudofourstudents pic.twitter.com/3RWi6O1JrQ
— Centro de Linguas (@CdlUvigo) November 24, 2020