Muface, de costas ao galego

A nova sede electrónica da mutua que xestiona, entre outras, as prestacións sanitarias de todo o persoal encadrado no Réxime Especial do Funcionariado Civil do Estado, e no cal están incluído todo o profesorado galego coa excepción do persoal interino e outros vinculados ao réxime xeral, non permite o galego.

galego
photo_camera galego

CIG-Ensino denuncia a discriminación da lingua galega na nova sede electrónica de Muface.  O sindicato presentara unha queixa formal na última reunión do Consello Xeral de Muface  “pola discriminación que supón para o galego que a nova sede electrónica da entidade só estea en castelán”. O sindicato solicitaba que as persoas usuarias da sede electrónica non só podan optar pola versión en galego das informacións que conteña a nova web senón que, ao tempo, poda descargar ou cumprimentar en liña os impresos en galego dos distintos servizos que se ofrecen.

Muface é a entidade que xestiona, entre outras, as prestacións sanitarias de todo o persoal encadrado no Réxime Especial do Funcionariado Civil do Estado, e no cal están incluído todo o profesorado galego coa excepción do persoal interino e outros vinculados ao réxime xeral. Igualmente está tamén incluído persoal de Correos, da Administración Central en Galiza e da propia Administración Autonómica. “Estamos falando, por tanto, da negación dun dereito elemental para miles de persoas en Galiza”.

Comentarios