O ministro Wert imponse como maior “inimigo” do catalán

O ministro José Ignacio Wert imponse como maior inimigo do catalán. Triplica ao president das Illas Baleares, José Ramón Bouza que se sitúa en segundo posto. Son os votos que recibiron na campaña da Plataforma per la Llengua nos actos de peche do seu vinte aniversario. 

.
photo_camera .

Con moita diferencia, o ministro José Ignacio Wert imponse como maior maltratador do catalán. Supera Wert os 3.000 votos que o acusan de ter implantado a LOMCE e “cargarse o sistema educativo aprobado polo Parlamento catalán e construír un réxime lingüístico no ensino sen precedentes en Europa que sepulta todo o sistema lingüístico”. 

Séguelle a Wert, a moita distancia con menos dun terzo dos votos, o president das Illas Balerares, José Ramón Bouza. O President de la Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, o presidente do Goberno Español, Mariano Rajoy, o actor e dramaturgo Albert Boadella, o presidente de Ciutadans Albert Rivera, o Tribunal Constitucional, a Presidenta de Aragón, Luísa Fernanda Rudi, o xornalista Francisco Marhuenda e a propia Constitución Española completan o primeiro tramo da listaxe de maiores inimigos do catalán, mais ningunha candidatura ten case posibilidades de superar a un máis que destacado ministro de Educación. 

A competición para se faceren co primeiro posto dos “maltratadores” do catalán é unha iniciativa da Plataforma per la Llengua de cara a fechar o ano de conmemoración do seu 20 aniversario. Na súa páxina web pódese aínda votar ao candidato con máis mérito. Recibirá como premio unha camiseta coa lenda “Queremos vivir plenamente en catalán” de mans dunha persoa voluntaria da entidade. 

Comentarios