Un mínimo de 12 estudantes galeg@s ficaron sen bolsa pre-doutoral por razóns de idioma

A Mesa iniciou contactos con entidades de defensa do euskera e o catalán pois alumnos desas comunidades lingüísticas tamén sofren esta situación.

Queremos galego
photo_camera Queremos galego

O caso denunciado esta semana dunha estudante que ficou sen bolsa por entregar un certificado de estudos en galego non é un caso illado. Segundo indica A Mesa pola Normalización Lingüística hai polo menos 12 estudantes galegos que “ficaron fóra do proceso para contratos predoutorais por razóns lingüísticas”.

Isto é, que o feito de estar en galego algunha documentación deixounos á marxe do proceso que, segundo ten sinalado o Ministerio de Economía como argumento de defensa, ten que ser en español ou en inglés (este último non é idioma oficial no Estado español). Os alumnos son da Universidade de Vigo e de Compostela.

Solidariedade

A Mesa comunica que xa iniciou contactos con entidades en defensa do catalán e do vasco, xa que o mesmo lle aconteceu a estudantes destas comunidades lingüísticas.

A asociación en defensa do galego critica a “agresiva política contra a diversidade lingüística do Goberno español e o silencio e a pasividade da Xunta ante unha discriminación tan grave”.

Comentarios