Miles de persoas maniféstanse en Oviedo pola oficialidade de asturiano e galego en Asturias

Organizada pola Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, a manifestación contou co apoio da Plataforma pola Oficialidá do Gallego-Asturiano.

DbTdICtWsAMsX0W
photo_camera Imaxe: Portada,@rubencousobeeva e interior: @asturies

Miles de persoas manifestáronse este sábado en Oviedo en defensa da oficialidade do asturiano e o galego-asturiano (tamén coñecido como e-naviego ou galego de Asturias) en Asturies. A organización da manifestación calculou en 30.000 as persoas asistentes, mentres que a Policía Local rebaixa esa cifra a por volta de 5.000. A mobilización estivo presidida por un gran ambiente festivo e reivindicativo, que reuniu xente procedente de diferentes partes de Asturias.

Entre as demandas dos manifestantes, entre os que había representantes de PSOE, IU e Podemos de Asturias, está a petición de que se modifique o Estatuto de Autonomía de Asturias para incluír nela o asturiano e o galego-astuirano como linguas oficiais. Xoxe Candel, voceiro da Xunta, manifestou que "é tempo” de que o Parlamento asturiano aposte pola oficialidade destas linguas.

A Mesa pola Normalización Lingüística expfresou o seu apoio a esta marcha. “O galego en Asturias debe ser recoñecido como lingua oficial e  propia da zona Eo-Navia”. En xaneiro de 2016 o concello da Veiga declarou o galego lingua oficial do municipio, converténdose deste xeito na primeira localidade da Galiza estremeira en situalo en pé de igualdade co castelán.

Comentarios