A Mesa rectifica: a mensaxe de desprezo ao galego foi nunha web “non oficial” da estación de Manzaneda

“A utilización de nome e logotipo semellante pola web Manzaneda.info levou a atribuír á estación de montaña unha mensaxe de desprezo ao galego”, aclara a entidade.

estación neve manzaneda esquí

A Mesa pola Normalización Lingüística rectificou a información enviada esta segunda feira na que atribuía á estación de esquí o contido dunha mensaxe a un usuario onde desprezaba o galego e recomendaba utilizar un navegador con tradutor se se quixer galego na súa web.

Esta mensaxe pertencía realmente, afirma A Mesa, a www.manzaneda.info, que se definen como páxina non oficial da Estación de esquí de Manzaneda. Porén, a páxina oficial da estación tanto na web como nas redes sociais tamén exclúe a lingua galega. 

Comentarios