A Mesa denuncia que Abanca e a FGF deixan fóra de xogo o galego no Galiza e Venezuela

As entradas e os trámites para compralas “exclúen a nosa lingua”, indican desde a MNL.

entrada

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou a “exclusión da lingua galega” nas entradas para o partido que Galiza e Venezuela desputan esta sexta feira en Riazor. Abanca, propiedade da venezuelana Banesco, é a entidade que a través da súa páxina de venda de entradas ofrece o servizo de merca online para o partido. Sen opción de galego. Outra maneira de adquirir as entradas, indica a MNL, é na Federación Galega de Fútbol. Na sede da Coruña, “tamén ignoran o galego e ao marcarmos o 981120619 sae unha gravación só en castelán”. A Mersa lamenta que o galego se reduca a “tres liñas” nas entradas.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, considera que “excluír o galego” dun acontecemento tan relevante “e que debía servir para unir o conxunto do pobo galego é gravísimo”. 

Comentarios