Dentro do proxecto Abertos ao galego

A Mesa creará un foro de empresas para impulsar o galego

Marcos Maceira, presidente da Mesa, e Celia Armas, responsábel do proxecto Abertos ao galego, veñen de manter unha reunión con algunhas das entidades que integran da iniciativa para afondar no compromiso de normalizar a lingua.

[Imaxe: A Mesa]
photo_camera [Imaxe: A Mesa]

A Mesa pola Normalización Lingüística, representada polo seu presidente, Marcos Maceira, e pola responsábel de Abertos ao galego, Celia Armas, mantiveron o pasado sábado un encontro con representantes de empresas que forman parte do proxecto, co fin de desenvolver compromisos para a normalización do idioma.

No encontro Celia Armas deu conta das mudanzas que levará a cabo Abertos ao galego nos próximos meses, co obxectivo de incidir na visibilización e promoción do compromiso das empresas coa lingua. Así, entre as melloras, a Mesa prevé crear un foro permanente de empresas para asesorar, ofrecer recursos e accións para a galeguización do sector.

Neste sentido, a responsábel do proxecto insistiu na necesidade de actuar de maneira conxunta para gañar difusión, “xuntos somos máis visíbeis”.

Comentarios