martes 22/09/20

A Mesa considera que o informe do Consello de Europa “emenda toda a política lingüística” da Xunta

A entidade de defensa da lingua esixe a derrogación urxente do ‘decretazo’ no ensino.

 

Imaxe de arquivo de representantes da Mesa co comité de expertos
Imaxe de arquivo de representantes da Mesa co comité de expertos

O informe do Comité de Expertos do Consello de Europa que avalía o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas por parte das institucións españolas é “contundente” e claro,  sinalan desde A Mesa. Un documento no que, subliñan, “insta por terceira vez á derrogación do decreto contra o galego no ensino e recolle as principais obxeccións sobre a situación do galego no ensino, saúde, xustiza, consumo, medios de comunicación ou relacións transfronteirizas sinaladas pola Mesa no informe que lle presentou en decembro de 2018”.

Para a entidade en defensa da lingua, o sinalado polos expertos do Consello de Europa é “unha emenda á totalidade da política lingüística da Xunta”. O presidente da Mesa, Marcos Maceira, afirma que a mensaxe do Consello de Europa é clara: "o decreto de 2010 foi un ataque contra o galego e contra a Carta europea das linguas", polo que "o decreto contra o galego debe ser derrogado inmediatamente".

Aliás,, o Consello de Europa recorda que a Xunta ten que corrixir as dificultades para o uso do galego no Sergas e, sobre todo, en todas as etapas do ensino.

O Estado

O Estado tamén ten responsabilidade, prosegue A Mesa. O Consello recorda que debe dotarse de prazas na Galiza que requiran coñecemento de galego e que ten que asegurar o uso do galego nos procementos xudiciais sempre que o pida algunha das partes. "

A Mesa considera que o informe do Consello de Europa “emenda toda a política...
comentarios