A Mesa aproveita a campaña para demandar un novo decreto do galego no ensino

A Mesa pola Normalización Lingüística aproveita a campaña electoral para lles reclamar a todas as formacións políticas que concorren ao 26X “compromiso co galego”, pois a asociación denuncia que “fica moito para conseguirmos unha verdadeira igualdade e oficialidade real”.

Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo
photo_camera Manifestación en defensa da lingua_Galiza Contrainfo

A principios desta semana, a Mesa advertía de que, en tan só dous meses e malia atoparse en funcións, o Goberno de Rajoy aprobaba oito normas legais que regulan 39 puntos impositivos do español. Neste contexto, a asociación empraza os partidos políticos que concorren ás eleccións do 26 de xuño “un compromiso para mudar esta situación de discriminación lingüística”.

Maceira: "Os dados amosan unha exclusión do galego na educación infantil das cidades"

Entre as medidas propostas pola Mesa destaca a elaboración “de maneira ampla e consensuada” dun novo decreto para o uso do galego no ensino. Un decreto, salienta a Mesa, que “atenda aos principios da normalización lingüística” e que garanta “unha oferta ampla de liñas de ensino infantil en galego en todas as vilas e cidades”. A entidade sinala ao respeito que “os dados amosan unha exclusión do galego na educación infantil das cidades”.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, afirma que “hai que actuar para realizar mudanzas lexislativas, pois aínda en 2016 hai máis de 500 disposicións legais que amparan ou obrigan ao uso do castelán fronte a menos dunha decena a favor do galego e que no mellor dos casos consenten simplemente o seu uso”.

Declaracións de membros do PP en campaña

En relación á campaña, a Mesa pon de manifesto que “as declaracións de diferentes persoas destacadas do PP con argumentos de imposición do galego non respeita a Declaración a prol da unidade a favor da lingua galega”. Trátase esta dunha declaración asinada por todos os partidos políticos a 15.07.2015 que advertía da necesidade de abrir unha nova etapa de normalidade para a lingua galega.

Comentarios