A Mesa pide o compromiso de todos os grupos para que esta sexa “a lexislatura de impulso do galego”

A entidade remitiu aos grupos parlamentares unha solicitude de reunión. A intención é que “por fin” se poña en andamento o PXNLG.

Parlamento da Galiza

A Mesa pola Normalización remitiu unha solicitude de reunión a todos os grupos da cámara galega para debate e tentar acordar as primeiras accións a prol do galego diante da nova lexislatura que se abriu. Na carta afírmase que “entre todas e todos debemos reverter o proceso de desgaleguización e perda de falantes que sofre a nosa lingua”.

Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “non se pode demorar por máis tempo” a aplicación dos acordos comúns, como os comprometidos na Declaración de Unidade a prol da Normalización da Lingua galega, asinada por todos os grupos o 15 de xullo de 2015

A Mesa xa remitira a todas as organizacións que concorreron ás pasadas eleccións unha proposta de 6 medidas urxentes, que ademais foron a base da última mobilización do pasado 17 de maio, apoiada por todas as forzas da oposición. Estas seis medidas urxentes, contempladas no PXNLG, teñen relación coa CRTVG, o ensino e lecer infantil e xuvenil, a administración pública, os transportes, o intercambio do sinal RTP-CRTVG e o condicionamento de subvencións.

Comentarios