domingo 07.06.2020

A Mesa acusa a Xunta de excluír o galego da atención telefónica polo coronavirus

Presentará unha queixa tanto ás institución sanitarias galegas como á Valedora do Pobo.

A Mesa acusa a Xunta de excluír o galego da atención telefónica polo coronavirus

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta exclúe o galego da atención telefónica polo Coronavirus, ao non ofrecer un argumentario na nosa lingua ao persoal que atende as chamadas relacionadas coa pandemia. “As e os teleoperadores que resolven as consultas da cidadanía sobre a enfermidade no teléfono habilitado polo goberno galego, o 900 400 116, teñen obriga de cinguirse a unha serie de puntos informativos que só teñen dispoñíbeis en castelán”.

As persoas galegofalantes que chamen a este número para cotexar se a súa sintomatoloxía é compatíbel coa enfermidade non serán, polo tanto, segundo mantén A Mesa, atendidas na súa lingua, “o que aumenta a posibilidade dunha comunicación infrutuosa e pode poñer en risco a asistencia sanitaria”.

A Mesa enviaralle esta queixa tanto ás institución sanitarias galegas como á Valedora do Pobo.

petición en liña da plataforma Queremos Galego ao presidente da Xunta para que "exerza de presidente" e tome todas as medidas necesarias para preservar a integridade e a saúde da cidadanía galega, ofrecéndolle información clara e precisa, na súa lingua, sobre a epidemia do Coronavirus acadou máis de 2500 adhesións en menos de 24h.
 

comentarios