Denuncia da Mesa

Máis unha vulneración dos dereitos de galegofalantes na Axencia Tributaria

axencia tributaria

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia como, un ano máis, a Axencia Tributaria obstaculiza o dereito da cidadanía a facer a declaración da renda en galego. Na campaña da declaración da renda de 2017. “Non ofrece o servizo telefónico de información da campaña da renda en galego. Mesmo nalgunhas ocasións ao entrar na páxina da Axencia Tributaria despois de escoller o galego como lingua para navegar na páxina e escoller a lingua galega para facer a renda fai a presentación en castelán”.

A Axencia Tributaria é unha das administracións que máis negan a posibilidade de uso do galego ás persoas contribuíntes que queren usar a súa lingua, informan desde A Mesa. “Facenda non respecta os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes de usar a súa lingua.  Estes dereitos están recoñecidos expresamente pola lexislación vixente”.

Desde A Mesa instan a Axencia Tributaria a garantir os dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes e que o uso do galego non ten que supor unha mala atención nin máis tempo.

Comentarios