Máis un ano polo Nadal, o Festival da Semente

Narón acollerá o domingo 8 de decembro a quinta edición desta cita en apoio ao proxecto de inmersión lingüística en galego.

Davide Salvado no Aniversario de Sermos
photo_camera Davide Salvado no Aniversario de Sermos

Narón será o escenario que este domingo, 8 de decembro a partir das 18:00 horas, da quinta edición do Festival da Semente. Teatro Circo Danza “N+1” ofrecerán un espectáculo circense. A presentadora será a pallasa Natalia Otero.

CARTAZ SEMENTE

A música terá o protagonismo da man de Davide Salvado e Fransy González, que presentarán en primicia o espectáculo que están a preparar para facer concertos.

Os prezos: de balde até dous anos, de tres a oito só 3 euros e 8 euros para as persoas a partir dos doce.

Comentarios