Correlingua 2018

Máis de 2.000 escolares enchen Bueu polo galego

‘A lingua non para’ é o lema desta XVIII edición do Correlingua, que se desenvolverá até o vindeiro 16 e percorrerá 12 vilas e cidades do país.

DcWGRVtX4AA_zlu
photo_camera Imaxe: CIG-Ensino

Desta vez si. O día previsto para que Bueu se enchese de escolares acorrer na defensa do galego era esta cuarta feira, 2 de maio, mais o mal tempo obrigou a adiar para esta sexta feira a a que ía ser esa carreira inaugural do Correlingua 2018. Mais esta sexta feira si, o bo tempo acompañou e 2.000 nenos e nesas de centros de ensino da comarca tomaron parte na iniciativa.

Correlingua 2018 percorrerá 12 cidades e vilas galegas “polo noso maior tesouro,a lingua”. ‘A lingua non para’ é o lema desta XVIII edición, que percorrerá o país do 2 ao 16.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo; e pretende dinamizar o galego entre a mocidade.

Comentarios