Little oak, o inglés como arma na “cruzada” do Carballiño contra o galego

Recibiu queixas por ter o servizo de atención só en español e dá un paso máis cos impresos en bilingüe. Español e inglés. Eis a maneira do Concello do Carballiño de responder ás reclamacións da Mesa que demandou a intervención do Valedor do Pobo. 

.
photo_camera .

Impresos en inglés e español é a nova modalidade do Concello do Carballiño, despois de ter recibido denuncias da Mesa pola Normalización Lingüística por se negar a atender a un cidadán en galego desde o Servizo de Xestión Tributaria Municipal, atención subcontratada a unha empresa de Madrid. 

“Subiron un chanzo máis no que a vulnerar os dereitos dos e das galegofalantes”, sinalan no escrito que a Mesa rexistrou no Concello cunha nova denuncia, meses despois de que desde o goberno municipal respondera ás reclamacións e á intervención do Valedor do Pobo que ían negociar coa empresa subcontratada para garantir a atención na nosa lingua. Daquela, o alcalde contetara ao Valedor a respecto da queixa formulada pola Mesa asegurando que mantivera unha xuntanza co director territorial da empresa recadadora “comprometéndose a solventar o erro cometido”. 

 “O alcalde ten que deter a cruzada antigalego que iniciou”, defende o presidente da Mesa, Marcos Maceira. 

Desta maneira, os impresos para domiciliar o pagamento de tributos, co escudo do Carballiño na cabeceira, dispénsanse en bilingüe español/inglés. No escrito que a Mesa rexistrou na entidade municipal pregúntanse se é un erro da empresa subcontratada “ou é unha burla descarada e unha falla de respecto após térmoslle chamado a atención polo caso acontecido”. Con certa brincadeira, preguntan tamén se o número de anglofalantes do Carballiño xustifica a produción en bilingüe dos impresos. denuncia ao propio Concello e ao Valedor do Pobo. “O alcalde ten que deter a cruzada antigalego que iniciou”, defende o presidente da Mesa, Marcos Maceira. 

Solicitan, de novo, a rescisión do contrato coa empresa que leva o Servizo de Recadación Municipal e, de non poder facer fronte á xestión por parte de traballadores e traballadoras municipais, que contraten empresas galegas.  Aproveitan para lembrar que a lexislación obriga ás empresas privadas que teñen concesión de servizos públicos a garantir os dereitos da cidadanía a seren atendidos na lingua oficial que escollan. 

Alén da polémica pola negativa de atender en galego, o concello do Carballiño veuse enleado noutro cisma polo idioma cando desenvolveu unha campaña encamiñada a facer oficial a forma “pulpo” para as súas populares festas. 

Comentarios