martes 26.05.2020

Liberado ‘As pitas baixo a choiva’, tributo a Carvalho Calero dirixido ás crianzas

A Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e Edicións Embora ofrecen, de balde, un material audiovisual deseñado para lembrar o protagonista do Día das Letras Galegas 2020

As pitas baixo a choiva (Foto: Nós Diario).
As pitas baixo a choiva (Foto: Nós Diario).

Que a designación de Ricardo Carvalho Calero como homenaxeado no Día das Letras Galegas era algo histórico, estaba claro desde o momento en que a Real Academia Galega o fixo público.

Non obstante, as particularísimas circunstancias a consecuencia da pandemia da COVID-19 engadíronlle un punto extra –se cabe- de relevancia á conmemoración.

Desde a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra deseñaran no seu momento un proxecto pensado para alumnado desde os 3 ata os 12 anos e que chamaron As pitas baixo a choiva, que sairía á luz pública o pasado 23 de febreiro.

Mais, após  da súa exitosa estrea no Teatro Jofre de Ferrol, as consecuencias do coronavirus fixo que a publicación e difusión do paquete (CONTO, CD e UD) quedase no aire.

Porén os promotores da iniciativa cren que as mestras e mestres, o alumnado, as familias, asociacións, a sociedade deben poder acceder a todo o traballo feito, polo que, de acordo con Edicións Embora, decidiron partillar, de balde, o material audiovisual que elaboraron para realizar actividades sobre Ricardo Carvalho Calero, e que se pode descargar na ligazón aspitas.gal.

Está a unha inciativa máis das que se desenvolven ao longo destes meses en lembranza e homenaxe a Carvalho Calero. 

comentarios