Larpeiro, axiña, enxebre ou año: as palabras do galego que ‘abraian’ os presentadores portugueses

O presidente de honra da Mesa, Carlos Callón, participa no programa ‘Esta manhã’ da TVi para exemplificar as ligazóns entre galego e portugués . Vídeo no interior.

Callón Portugal

Carlos Callón leva xa uns anos en Portugal, onde dá aulas e é un dos grandes embaixadores do galego. O presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) foi convidado ao programa ‘Esta manhã’ da TVi.

Alí, o barbanzán deu unha pequena e amena aula maxistral sobre as ligazóns entre galego e portugués con catro simples exemplos: os de 4 palabras de uso cotiá no galego mais que en Portugal, ou polo menos en amplas zonas de Portugal, non son coñecidas.

Como se dun concurso de adiviñar se tratase, Callón foi dicindo unha tras outra diferentes palabras: larpeiro, año, axiña, enxebre… mentres os presentadores tentaban determinar que significaban.

Unha das presentadoras, que era de Braga, no norte de Portugal, foi a que máis se achegaba. O propio Callón apuntou que amigos seus portugueses do norte de Portugal recoñeceron que algunhas desas palabras si que lle soaban de ouvirllas “aos vellos”.

 

Comentarios