Ou inmersión nas linguas propias ou imposición do español

Galiza, Euskal Herria e os Països Cataláns collen folgos para facer fronte á LOMCE e defenden para o ensino un modelo de inmersión onde o castelán, lonxe de ser a lingua vehicular, se estude como máis unha materia.

photo_camera Correlingua [Imaxe: SG]
  • "El gallego es una lengua preciosa pero se tiene que estudiar como eso, como una lengua preciosa"
     
  • "A min danme medo os nenos que soamente saben falar en galego; que lles ensinas, as partes do corpo en galego?" 
     
  • "Tiene que tener más espacio el español; el gallego enriquece, pero en su justa medida"
     

Son estas tres algunhas das opinións manifestadas pol@s asistentes á manifestación que Galicia Bilingüe convocou en Compostela o 8 de febreiro de 2009. Están recollidas de maneira literal dun video feito pola plataforma 'Sei o que nos figestes', mais non son brincadeira. Falan da Galiza e do galego, mais dirían o mesmo de Euskal Herría e do euskera ou dos Països e do catalán. 

No Tema da Semana do Sermos en papel organizacións que defenden a lingua nestes tres territorios cóntannos en que consiste o 'bilingüismo' que quere o PP, que vén de apoiar a emenda de UPyD á Lei orgánica de mellora da calidade do ensino (LOMCE) para que o español sexa a lingua vehicular nas aulas de todo o Estado.

Como vai afectar a LOMCE e esa emenda ao ensino regrado das linguas propias? Como funcionan as brassolas implantadas en Catalunya Nord? Que manobra fixo o PP nas Illes Balears para impor un decreto que deixa para o catalán unicamente o 33% das horas lectivas? Colectivos da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Catalunya Nord e as Balears cóntannos todo isto e explican cal é o modelo lingüístico que defenden para os seus territorios nunha ampla reportaxe que poderedes atopar no nº67 do semanario, á venda nos puntos habituais e na nosa loxa.

Comentarios