Os indios Cree de Canadá lanzan unha aplicación para promover a súa lingua

Os Cree son unha nación de lingua algonquina que vive en Canadá e Estados Unidos. Suman unhas 320.000 persoas. O seu idioma, un continuum dialectal Cree-Montagnais-Naskapi, mantén unha notábel vitalidade con 96.000 falantes.

cree nación india

A aplicación non só ten como obxectivo apoiar os 1.100 estudantes de K- a-12 que inparte a Autoridade de Educación Tribal do Consello Tribal de Kee Tas Kee Now (KTCEA) en varias aulas, senón tamén para compartir co mundo a lingua Cree que se fala nesta área do Canadá.

 "Non tiñamos libros no pasado, polo que todos os costumes, as tradicións, a cultura, todo está integrado na lingua", dixo Mai Stoina, unha dos promotoras da iniciativa.

"E para que (os estudantes) entendan quen son, precisan coñecer o idioma". "Os estudantes escoitarán a voz dos seus avós e iso fará que se sintan orgullosos", dixo Audrey Anderson, coordinadora do currículo para o plan de estudos do Consello Tribal de Kee Tas Kee Now (KTCEA). "E estarán orgullosos do seu idioma".

Tardaron tres anos en desenvolver a aplicación Elders Speak de KTCEA, na que participaron 150 falantes desta lingua, a maioría maiores que desenvolven con fluidez este idioma e no que falan de,  entre outras cuestións, xogos e actividades. Conta con máis de 900 palabras en 50 categorías para principiantes, niveis intermedios e avanzados e xa foi visto máis de 30.000 veces en todo o mundo.

Os Cree son unha das 'nacións orixinarias' de América do Norte.  Viven en Canadá (estados de Alberta, Saskatchewan, Ontario, Manitoba e Quebec). Hai tamén unha comunidade en Montana, Estados Unidos. Suman unhas 320.000 persoas.

O seu idioma, un continuum dialectal Cree-Montagnais-Naskapi, mantén unha notábel vitalidade con 96.000 falantes.

Comentarios