O Igadi lanza un libro especial con motivo do Dia Mundial da Língua Portuguesa

En 2019, a 40ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO decidiu proclamar o 5 de maio de cada ano como ‘Dia Mundial da Língua Portuguesa’.
Unha das dependencias do Igadi (Foto: Igadi).
photo_camera Unha das dependencias do Igadi (Foto: Igadi).

A data do 5 de maio foi estabelecida oficialmente en 2009 pola Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP), unha organización intergobernamental, socio oficial da UNESCO desde 2000, que reúne aos pobos que teñen a lingua portuguesa como unha das bases da súa identidade.

En 2019, a 40ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO decidiu proclamar o 5 de maio de cada ano como ‘Día Mundial da Lingua Portuguesa’.

O especial

No marco desta celebración, o Observatorio Galego da Lusofonia (Ogalus) do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), no contexto do seu décimo quinto aniversario, lanza un especial que circula por diferentes continentes.

Este especial aborda temas esenciais para o ámbito da Lusofonía no século XXI, como o papel da Galiza ou Macao, a importancia da mobilidade das persoas no espazo xeopolítico da CPLP, o papel dos espazos transfronteirizos na construción do espazo internacional lusófono ou as diferentes relacións entre os actores e axentes da lingua portuguesa.

23 investigadores

23 investigadores participaron no especial, ofrecendo un mosaico e un “diálogo da lusofonía posíbel”.

O especial de realizouse baixo a coordinación de Wesley Sateles Guerra, e contou coa colaboración do CERES do Brasil e a Juventude Unida dus Países da Língua Portuguesa, con quen o Igadi asinou recentemente un convenio de colaboración.

Comentarios