domingo 09/08/20
PAULO FILGUEIRA

A Mesa traslada ao Parlamento europeu que a Xunta ataca e non defende os "dereitos lingüísticos"

A Mesa pola Normalización Lingüística tomou parte esta mañá na palestra: 'Respecto polos dereitos lingüísiticos? As discriminacións lingüísticas na Unión Europea', que se realizou no Parlamento Europeo. Na súa intervención, Paulo Filgueiras expuxo as vulneracións de dereitos lingüísticos a galegofalantes,

A Mesa traslada ao Parlamento europeu que a Xunta ataca e non defende os "dereitos lingüísticos"

A Liña do Galego foi presentada no Parlamento Europeo, da man de Paulo Filgueiras, co motivo da palestra sobre as discriminacións lingüísticas na Unión Europea. Galiza participou nesta ponencia xunto con representantes doutras comunidades en situación de minorización como Bretaña, Irlanda, Gales, Occitania, Euskadi, Cataluña e a comunidade húngara de Eslovaqui e Rumania.

A exposición do representante da Mesa, Paulo Filgueiras, partiu do do informe Liña do Galego, elaborado en base a reclamacións cidadás recollidas durante o ano 2015. Esta liña é un servizo da Mesa para tramitar queixas, suxestións e reclamacións ás institucións e empresas que vulneren os dereitos lingüísticos. Na outra cara da moeda, inclúese o recoñecemento a aquelas que si os respetan e facilitan o labor de consolidar o idioma en todos os ámbitos da vida cotiá.

"A idea dos dereitos lingüísticos non está asentada entre os galegos"

Paulo Filgueiras, quen interveu en catalán debido a ausencia de intérpretes galegos, informou sobre o labor que realizou diariamente a Mesa pola Normalización Lingüística na recollida das reclamacións e expuxo as principais eivas no respecto dos dereitos do galego e na propia preocupación dos cidadáns en que se cumpran: "A idea dos dereitos lingüísticos non está asentada entre os galegos", afirmou Filgueiras, ao mesmo tempo que identificou a administración pública como o órgano que maior número de queixas recibe, non necesariamente por ser o estamento máis excluínte, senón por ser no que "os cidadáns teñen maiores esixencias".

"O 40% das escolas infantís das grandes cidades non emprega o galego".

Non en van, o 51% das queixas recibidas na liña do galego foron dirixidas cara ás administracións estatais ou autonómicas, a pesar de teren a obriga legal de amparar as linguas oficiais. Filgueiras fixo, tamén, un repaso das reclamacións máis graves entre as que se atopan casos de denuncias non tramitadas pola Policía e a Garda Civil por seren feitas en galego ou o retroceso do galego na educación, afirmando que: "o 40% das escolas infantís das grandes cidades non emprega o galego". Por último, remitiuse ao caso dunha cativa que abandonou un campamento de hípica pola presión social de compañeiros e monitores, quen a discriminaron por falar galego. Ante estas situcións, Paulo Filgueiras concluiu lamentando que: "o propio goberno galego sexa quen actúa en contra dos intereses lingüísticos en vez de defendelos".

comentarios