PRESENTACIóN DO INFORME 2015 DA LIñA DO GALEGO

'O me hablas castellano o no te atiendo': a Liña de Galego abriu 157 expedientes de queixa en 2015

A maior parte das reclamacións recollidas por este servizo gratuíto da Mesa pola Normalización Lingüística fan referencia ás administracións públicas. 

a mesa

Durante este 2015 a Mesa pola Normalización Lingüística abriu un total de 157 expedientes de queixa a través do seu servizo da Liña do Galego, expedientes que naceron das 195 comunicacións recibidas. A Liña do Galego é un servizo gratuíto que ofrece a Mesa, aberto a toda a poboación, e que atende consultas sobre dereitos lingüísticos, tramitando queixas e reclamacións cara ás institucións, empresas e entidades que os vulneran. Tamén recolle parabéns para aqueles colectivos ou administracións que dean pasos para garantir o dereito a vivir en galego.

Motivos e entidades implicadas.

A MNL presentou esta segunda feira en Compostela a 'Memoria da Liña do Galego en 2015'. No documento recóllese a atención oral e escrita coma o principal motivo de presentación de queixa (o 33% das rexistradas), seguida da rotulación e sinalización (17%) e da toponimia deturpada (14 por cento).

Un desglose das reclamacións no que respeita a entidades implicadas indica que o 51% das queixas fan referencia a administracións públicas, precisamente quen ten que velar polo cumprimento da lei que ampara os dereitos lingüísticos. E dentro das administracións, é a autonómiva galega a que concentra a meriando parte das queixas, o 52% de todas as que atinxen ás administracións. A do Estado está no albo do 27% das reclamacións e a local no 21%.

Institucións privadas

Mais este tipo de denuncias tamén se refire a institucións privadas (un 16% das queixas presentadas) e públicas (12%). As empresas de servizos, cun 12% das reclamacións presentadas, e as grandes superficies (6%), así como as empresas de telefonía (3 por cento), tamén son sinaladas nestes expedientes abertos a raíz da denuncia a través da Liña do Galego.

O documento presentado pola MNL desagrega as queixas referentes ás empresas privadas, o que permite comprobar como o 13% desas reclamacións refírense a Gas Natural-Fenosa. Abanca, Audasa e Ikea atinxen cada unha un 9% das queixas. A compañía aérea Vueling' o 7% e ADI/Renfe, un 6 por cento.

Para a MNL, unha das conclusións deste informe é que a administración pública é “cómplice dos ataques contra o galego”, incumprindo acordos nacionais, estatais e internacionais. Fronte a iso, indica a organización, o compromiso da cidadanía é chave para rachar “a normalidade e impinidade da exclusión do galego”.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios