Hablamos Español recorre ante o TSXG a ordenanza do galego da Coruña: "Atentan contra a plena oficialidade do español"

Tamén piden ao TSXG que eleve ao Tribunal Constitucional (TC) unha cuestión de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local de Galiza
galego
photo_camera galego

A asociación Hablamos Español recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) a ordenanza de usos lingüísticos do Concello da Coruña, posto que a consideran "un proxecto de enxeñaría social para cambiar a lingua das persoas".

Nun comunicado, a asociación supremacista sinalou que os regulamentos de uso do galego dos concellos de Galiza "discriminan" as persoas que prefiren usar e ser atendidas en español e "son un exemplo do monolingüismo" e de "falta de respecto á cooficialidade lingüística".

Respecto da ordenanza coruñesa, Hablamos Español considera que, no seu limiar, "cuéstionase a condición de verdadeiros galegos a quen teñen como lingua propia o español". "O texto é unha sucesión de artigos nos que se exclúe o uso oficial do español e erradícase da vida municipal, e mesmo se propón restrinxilo no ámbito privado", asegura .

No recurso tamén piden ao TSXG que eleve ao Tribunal Constitucional (TC) unha cuestión de inconstitucionalidade contra a Lei de Administración Local de Galiza, xa que -segundo sinalan- o seu artigo 7, "no que se basean nos concellos para redactar estas ordenanzas que atentan contra a plena oficialidade do español", ten visos de inconstitucionalidade por tal motivo.

Comentarios