Greve lingüística para denunciar a discriminación do irlandés nas institucións da UE

Liadh Ní Riada só falará en gaélico durante 2 semanas nas institucións da UE para visibilizar así as pexas existentes ao uso deste idioma. Unha decisión motivada após lle negasen a palabra nunha reunión parlamentar por facer uso dela en irlandés.

Sinn Fein gaélico Liadh Ní Riada
photo_camera Liadh Ní Riada

Liadh Ní Riada comezou a súa intervención nunha reunión do comité do Parlamento europeo. De inmediato, a persoa que presidía esa xuntanza (Roberto Galtieri), dirixiuse á eurodeputada irlandesa e advertiulle: “Ou usa outra lingua ou, lamentabelmente, non podo darlle a palabra”, Ní Riada falaba en irlandés, o idioma propio do seu país, mais non estaba previsto o servizo de tradución simultánea. “Avisei que falaría en irlandés na reunión”, explicou a deputada do Sinn Féin, e a resposta que me deron foi porque o ía facer se xa falo inglés”. Ní Riada decidiu non continuar coa súa exposición na comisión de non podía facelo no seu idioma.

A intervención era a primeira que a parlamentar da República de Irlanda fai dentro da súa greve lingüística que vai manter até o 17 de marzo. Non falará nin unha palabra que non sexa gaélico irlandés nas sesións parlamentares. “Fágoo para chamar a atención sobre o feito de que non podo usar a miña lingua nativa no Parlamento”.

Esta deputada republicana irlandesa destaca que desde 2007 o irlandés é idioma oficial da UE. Mais tamén desde 2007 está vixente unha derrogación -pactada entre Bruxelas e Dublín- segundo a cal as institucións europeas none stán obrigadas a garantir o dereito de uso do irlandés, no mesmo grao en que o fan con outrias linguas oficiais na UE.

O Sinn Féin e colectivos e plataformas en defensa do irlandés, como Conradh na Gaeilge , demandan a fin desa derrogación.

Noticia tirada de Nationalia

Comentarios