Google impide a Cantos na Maré contratar publicidade por estar o web en galego

Cantos na Maré, un dos festivais de música máis importantes do panorama galego, non puido contratar publicidade en Google. O motivo? A empresa de publicidade do motor de busca de Internet non recoñece as páxinas web que están en galego.
 

cantos na maré

A organización do certame que procura vías de contacto entre as músicas de Galiza e dos países de fala portuguesa deseñou unha campaña publicitaria para o evento -a través de banners- e intentou contratala en Google Ads. “Foi imposíbel”, sinalán desde o festival, "o anuncio era rexeitado".

Polo momento, Cantos na Maré só recibiu como explicación por parte do xigante multinacional estadounidense que a da imposibilidade técnica de publicitar un evento en galego. Remitíronlla vía correo electrónico. Despois, contactou telefonicamente e reiteráronlle que "a plataforma non está preparada para o galego".

Comentarios