Golpes e empurróns contra as concentradas na Toxa para denunciar a deturpación do topónimo

“A actitude dos axentes da Garda Civil foi violenta”, denuncian participantes no acto convocado pola Mesa. Vídeo no interior.

a mesa toxaaaaa
photo_camera O presidente da Mesa, Marcos Maceira, mentres era empurrado por dous axentes. (Foto: Nós Diario)

Axentes da Garda Civil empurraron e bateron os participantes na concentración convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística no Grove baixo o lema “A Toxa, polo seu nome”, para denunciar a deturpación do topónimo da illa por parte do Foro La Toja.

Algúns doa participantes, como o presidente da Mesa, Marcos Maceiras, acabaron polo chan. A Garda Civil impediu que a concentración discorrese na ponte, e participantes na mobilización criticaron a “actitude” dos axentes.

“Non aceptaron nin dialogar e actuaron con moi malas maneiras, con empurróns contra Marcos Maceira ou a deputada Montse Prado, que simplemente querían falar”, indican. "Mesmo Marcos caeu ao chan".

A concentración quería denunciar a deturpación do topónimo, que se fai coa presenza de diferentes autoridades, como a do propio presidente da Xunta.

“É vergoñento que 35 despois da aprobación da lei que recoñece a oficialidade única dos topónimos galegos aínda teñamos que mobilizarnos”, sinalaban desde A Mesa.

"É un insulto que ademais incumpre a lexislación, que sinala que a única forma oficial e lexítima, é a que galegas e galegos lle dan na súa propia lingua"

Comentarios