Gaña unha subscrición a "Sermos Galiza" co Trivial da AS-PG

Para que Sermos Galiza chegue á túa casa podes cubrir o boletín de subscrición nesta páxina, ir ao quiosco mercalo a partir do 17 de maio ou xogar ao Trivial coa AS-PG. 

Das 15 horas do día 10 de maio á mesma hora do 17 realizarase o Campionato de Trivial “Sermos Galiza” promovido pola AS-PG, un torneo que ten como premio a subscrición ao noso semanario.

As preguntas serán dun nível 1,é dicir, sen grandes dificultades, e terán dous temas obrigatorios, a Ciencia e cultura e Espectáculos. Os catro restantes serán á escolla da persoa que participe no campeonato.

Os premios consistirán en subscricións ao Semanario Sermos Galiza. A persoa gañadora recibirá de xeito gratuito a publicación durante un ano, as que queden no segundo e terceiro postos terán unha subscrición de seis meses e as concursantes ata o número 10 poderán achegarse ao xornal durante tres meses. Con anterioridade, a AS-PG xa viña organizando campionatos de Trivial, xogo no que contan con máis de 7.000 preguntas e tamén máis de 7.000 usuarios rexistrados. 

Comentarios