Galiza xa chía en galego

Despois dunha intensa campaña, a rede social 'Twitter' inclúe o galego entre as súas linguas.  

Milleiros de twitter@s demandaron nestas últimas semanas cunha intensa campaña, a presenza do galego nunha das redes sociais con maior número de utentes. Entre os actos desenvolvidos, estivo unha xornada de (re)chío colectivo a prol do #TwitterEnGalego, que pretendía situar as súas exixencias no Trendy Tropic –o mecanismo para medir o índice de notoriedade na rede social.

Finalmente, esta quinta, a admnistración decidiu iniciar a tradución a lingua galega das súas ferramentas polo que en poucos días poderá ser empregada integramente na lingua propia de Galiza.

A anécdota do día deixouna a Xunta de Galiza, que a través da súa conta oficial aseguraba ter xogado un papel fundamental na chegada do galego ao Twitter, chío que lle valeu máis dun apupo d@s twitteir@s, algúns deles mesmo lle lembraron o seu desleixo coa lingua durante estes tres anos e medio de goberno. 

Comentarios