O presente do galego como mellor garantía de futuro. Baixo este lema marcharon miles de persoas nas sete cidades galegas e Ribadeo este Día das Letras Galegas. Unha xornada festiva mais de reivindicación ante os ataques e desleixo institucional que sofre a nosa lingua.
As manifestacións máis numerosas foron en Santiago de Compostela e Vigo, onde 2.500 persoas sumáronse ao chamado da plataforma pola defensa do galego, segundo cifras facilitadas pola propia organización.
O berro pola vixencia do idioma escoitouse con forza tamén en Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense e Ribadeo. Marchas nas que quedou patente que o galego ten futuro. Xentes de todas as idades corearon "Nas aulas da Galiza, queremos galego" e "por ti, por min, o galego non ten fin" contra as políticas galegófobas do partido no poder.
Así o manifestou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, que deu lectura do manifesto unitario da convocatoria en Compostela, onde tamén estivo o candidato de Compostela Aberta, Martiño Noriega. “Renegar da lingua de Galiza é renegar do país, que ir contra ela, como está a facer desde que chegou, é ir contra Galiza e pór en perigo o seu futuro”, aseverou Maceiras ante unha praza de Praterías ateigada de xente.
Na mesma liña pronunciouse o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, acompañado da candidatura nacionalista en Vigo. “Vemos en campaña un Feijóo que fai uso sistemático do español para dirixirse aos galegos e galegos, desprezando o idioma do país como nunca ten feito antes ningún presidente da Xunta”, criticou.
Vence interpelou directamente a Feijóo para lembrarlle que incumpre a “obriga” de promover a lingua propia que recolle o Estatuto de Autonomía. Por ese motivo, os centos de persoas presentes na marcha realizaron unha votación simbólica onde declararon por aclamación o presidente da Xunta como inimigo da lingua galega.
RIBADEO
"@SermosGaliza Se aínda somos galegos, é por obra e graza do noso idioma. @QueremosGalego en Ribadeo, na Mariña. pic.twitter.com/hMYa3vsSEJ
— Xoán (@XoanBouza) 17 maio 2015
FERROL
Galeguizando as nossas ruas no bairro de Canido #Ferrol em #galego pic.twitter.com/UqhJ3Tazmb
— Fundaçom Artábria (@FArtabria) 17 maio 2015
A CORUÑA
#queremos galego #coruna pic.twitter.com/2wkaj7C0pG
— 15Masambleamontealto (@15Mmontealto) 17 maio 2015
OURENSE
Queremos galego, os 365 días do ano! na Praza da Imprenta xa comeza o roteiro pola lingua c/ @QueremosGalego #Ourense pic.twitter.com/NnJQnLi3IM
— BNG Ourense (@BNGOUrense) 17 maio 2015
PONTEVEDRA
Pontevedra en galego pic.twitter.com/a6x5RyRUQJ
— Montse Prado (@montseprado) 17 maio 2015
LUGO
Na concentración de Queremos Galego en Lugo pic.twitter.com/tLAYGHvjgF
— Comites Lugo (@ComitesLugo) 17 maio 2015