O galego non é a primeira lingua do Sergas

O Servizo Galego de Saúde non utiliza a lingua propia para as mensaxes.
dsgdfhfgh
photo_camera Mensaxe que o Sergas envía en castelán e en inglés, pero non en galego. (Foto:Cedida)

O galego xa non é nin idioma secundario para administración da Xunta da Galiza. Esta captura de pantalla é a mensaxe que o Sergas lle facía chegar a un traballador que a pasada fin de semana realizaba unha proba PCR e recibía o resultado da mesma en castelán e en inglés, pero non en galego. 

O esvaecemento do galego suma así un ámbito máis no que está a perder terreo, tanto na administración xurídica, como na radio e mesmo na televisión nacional.

Hai uns días a Mesa pola Normalización Lingüística denunciaba a vulneración dos dereitos lingüísticos das galegas pola falta do noso idioma na aplicación Minerva da administración pública xurídica

De igual maneira, tamén se puido ver nos últimso meses a presenza do castelán nos medios públicos nacionais.

No caso da Radio Galega, no programa Galiza por Diante Fin de Semana, na entrevista que lle fixo o pasado mes de decembro o xefe de redacción da canle, Luis Ojea ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, onde non dubidou en renunciar ao galego no curso da mesma. 

No caso da TVG o castelán abriuse paso na emisión de "A gran ilusión", cun narrador que tiña un galego pentavocálico e carente de consoantes nasais velares e os protagonistas non foron dobrados en ningún momento.

Comentarios