Unha semana do galego en Frisia

Este territorio dos Países Baixos e con lingua propia acollerá unha semana adicada ao idioma propio de Galiza, no marco do ‘Pavillón ds Linguas’

 

Pavillón das Linguas en Leewarden
photo_camera Pavillón das Linguas en Leewarden

Ljowert, en Frisia, territorio ao norte dos Países Baixos, acolle unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística, que está a tomar parte en reunións para preparar a semana dedicada á lingua galega. Un proxecto que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.

O proxecto Casa das linguas (Lân fan Taal) é un evento no que se darán cita comunidades lingüísticas de máis de 50 linguas minoritarias ou minorizadas de Europa, entre elas o galego. A semana dedicada ao galego vai ser entre o 23 e o 29 de xullo. Alén de dar a coñecer o galego e a súa situación, tamén se lle dará visibilidade á cultura galega mediante a proxeccións visuais, música, arte e teatro.

“O proxecto consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes, independentemente do número de persoas que o falen. Ademais diso, aproveitarase a estadía para intercambiar experiencias de éxito e establecer contacto con outras organizacións que traballan na promoción e defensa de linguas minorizadas ou minoritarias”.

Comentarios