France 3 emite este sábado unha reportaxe sobre a situación do galego como lingua minorizada

Entrevista Xosé Mexuto France 3
photo_camera François Tortos, á esquerda, fala con Xosé Mexuto

Será no programa Mediterráneo, dirixido polo xornalista francés de orixe catalá François Tortos.

Este sábado 12 de Marzo ás 11.30 horas France 3 emite unha reportaxe dentro do programa Mediterráneo en relación coa situación da lingua galega. O traballo fíxose en coprodución coa RAI e será difundido tamén através das canles internacionais da televisión francesa e italiana.

Tortos entrevistou para este programa a un portavoz das escolas infantís Semente; o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; e o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto.

O programa poderá ser visto en streaming através do web.

Comentarios