A 'Festa do Dazassete' volve encher Compostela de actividades pola lingua

Organizada pola Gentalha, en colaboración con diferentes colectivos, propón un completo programa: desde concertos e palestras até roteiros infantís, convivio e bicicletada. 

cartaz_corrigido-page-001

Máis un ano, a 'Festa do Dazassete', volve á súa cita coa lingua en Compostela co gallo do Día das Letras Galegas. Organizada pola Gentalha do Pichel en ase á auto-xestión, nesta edición colaboran varios colectivos (AGAL, CSA Casa do Peixe, CSO Escárnio e Maldizer, Central Folque e Semente), ampliando así unha festa que cada ano vai a máis. Ademais, e como eles propios, sinalan, “no 100 aniversário das Irmandades da Fala, aproveitamos para reivindicar a labor daquelas mulheres e homens”.

Programa:

Sexta feira, 13 de maio às 20:30 no CS O Pichel Presentación do 1º método escrito de acordeón diatónico na Galiza con Pedro Branco

Sábado 14 :

11h00 alborada e cabezud@s polas ruas de Compostela

11:30 sairá da Alameda de Compostela a bicicletada pola lingua

12h30 roteiro infantil de recoñecemento de aves. Saída da porta do Museo do Pobo Galego

13h30 na Prza 8 de marzo sessión vermú con Blues do País

14:30 jxntar e sobremesas a prezos populares (Pza 8 de marzo)

18h00 foliada popular na Praza do Pan (Cervantes). Participarán os cursos de danza do CS O Pichel, de Itaca e CSA Casa do Peixe e Semente

Às 21h00 Poesía e música com AldaoLado (María Lado e Lucía Aldao) Praza 8 de mazo

Às 22h00 concertos : Habelas Hainas, John Deeres e a pinchada de DJ Bigote Mix. Praza 8 de marzo

Segunda feira, 16 de maio as actividades continúan no CSO Ercárnio e Maldizer (Algália de Riba, n.º 11) desde ás 20:00 cunha palestra, un recital poético e concertos


 

Comentarios