Feixoo parabeniza as festas de Nadal aos galegos e galegas…en castelán

Unha mensaxe, ademais, que acompaña dun vídeo de máis de 2 minutos, tamén en castelán. Iso si, lexendado en galego.
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, após o Consello da Xunta desta quinta feira (Arxina).
photo_camera O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, nunha imaxe de arquivo (Arxina).

“Ni los momentos más duros pueden arrebatarnos el orgullo por esa Galicia que construimos los gallegos de hoy para los gallegos del mañana. A los que acabáis de llegar, a los que estáis y a los que ya se fueron. A esa gran familia que es Galicia, Feliz Navidad y próspero año 2022”.

Así, en perfecto español, felicita o presidente de Galiza o Nadal aos galegos a través das súas redes sociais. Unha mensaxe, ademais, que acompaña dun vídeo de máis de 2 minutos, tamén en castelán. Iso si, lexendado en galego.

Desde A Mesa xa saíron ao paso desta escolla do presidente galego: “Ímosllo lembrar máis unha vez  SR, Feixoo: o galego non é un virus, é a nosa lingua, a que nos identifica como galegas e galegos e nos sitúa no mundo. Usalo é a súa obriga legal e moral. Despreza o galego porque despreza Galiza”.

 

O vídeo, estrando esta terza feira, chefa poucos días despois do "lapsus" do presidente galego, “Eu reivindico a Galiza cordial, o bilingüismo cordial, a Galiza onde falamos español e castelán e onde o que nos interesa é aspirar a falar inglés”, dixo nun acto do Partido Popular decorrido na sexta feira, 17 de decembro, en Abegondo e diante do líder estatal da formación, Pablo Casado.

Comentarios