FCC deféndese co ataque á lingua galega

Fomento de Construcciones y Contratas ataca a oficialidade do galego no seu contencioso contra a Mancomunidade do Barbanza. A Mesa denuncia o desprezo dunha empresa que, ao seu ver, “non merece facer negocio no noso país”

.
photo_camera .

A Mesa pola Normalización Lingüística e a Mancomunidade de concellos do Barbanza denuncian a actitude de desprezo á nosa lingua da multinacional FCC, que xestiona a planta de Residuos Sólidos Urbanos. FCC non admite que a mancomunidade use o galego no proceso que pode levar á cancelación de concesión do servizo e esixe a tradución dos 2.000 folios do expediente. 

A Mancomunidade iniciou o proceso de cancelación da concesión ao se detectar numerosas irregularidades tras a realización dunha auditoria na que se demostraban irregularidades e incumprimentos das condicións da adxudicación. FCC centra a súa defensa en non admitir a documentación en galego e reclamar a tradución do expediente. 

Non merece facer negocio

A Mesa pola Normalización Lingüística mostrou o seu apoio á Mancomunidade e denunciou a hostilidade da multinacional coa nosa lingua e nega o dereito e a lexitimidade a solicitar a tradución do expediente.  “Unha empresa que mostra tal desprezo por Galiza e a súa lingua non merece seguir facendo negocio no noso país”, sinalou o presidente da MNL, Marcos Maceira para quen “tras este episodio está claro que FCC non debería ter ningún tipo de adxudicación pública en Galiza”. 

Pola súa parte, o presidente da Mancomunidade e alcalde de Carnota, Ramón Noceda, defendeu que "a sociedade galega ten que coñecer este caso e enfrontarse a quen despreza os veciños e veciñas”. 

Na rede estase a desenvolver unha campaña de denuncia dos ataques a nosa lingua co hashtag #paremososataquescontraogalego . 

Comentarios