A Mesa impulsa unha ILP

A etiquetaxe en galego, materia pendente

Aínda son poucos, moi poucos, os produtos do sector agroalimentario que teñen a súa etiquetaxe en galego. É certo que se están a dar algúns pasos, mais ese dereito cidadán segue ser estar reflectido en normativa ningunha. Escribimos sobre unha mostra máis do abismo que hai entre a realidade actual e a normalización lingüística no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.

Ao longo dos últimos anos quedou demostrado que é a persoa consumidora ou usuaria a parte máis feble de toda relación comercial. As últimas sentenzas a respeito dos servizos bancarios, por exemplo, puxeron de manifesto a desprotección que sufriron milleiros de clientes na contratación de hipotecas ou produtos de aforro ao teren que asumir cláusulas que, á vista dos feitos, foron claramente abusivas.

1Esa relación desigual entre ambas as dúas partes ten diversas consecuencias e múltiples formas, incluída a que atinxe á ferramenta básica que a sustenta, a lingua. Nos territorios con idioma de seu, esa disparidade atinxiu un elemento que forma parte tamén dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias. Mais esa eiva non é a mesma en todos eles. En Catalunya, por exemplo, fóronse aprobando desde o remate da ditadura e o desenvolvemento do Estado das Autonomías unha serie de leis e normativas que promoveron o uso do catalán na etiquetaxe dos produtos que se venden nese país. As medidas, por suposto, provocaron a resposta de empresas e multinacionais que consideraron inapropiada esta política e mesmo nalgún caso recorreron ao Tribunal Constitucional para “salvagardar” o seu dereito a obviar a realidade lingüística dese territorio. Sostiñan, entre outras cuestións, que esa medida suporía un custo engadido, aínda que ínfimo.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios