O estado de alarma dispara en marzo as buscas no dicionario da RAG

O Dicionario en liña da Real Academia Galega tivo ese mes unha media de 113.000 visitas diarias, un aumento de 42% en relación ao período anterior.

Dicionario en liña da Real Academia Galega (Nós Diario)
photo_camera Dicionario en liña da Real Academia Galega (Nós Diario)

Marzo rachou a marca de visitas mensuais que tiña o Dicionario en liña da Real Academia Galega (RAG) cunha media de 113.000 entradas diarias.

Foron en total 3.503.934, un 42% máis ca no mes previo e un 69% por riba das rexistradas en marzo do ano anterior. A propia institución considera que este forte incremento das procuras no mes pasado procede “da entrada en vigor do decreto de alarma por mor da pandemia da Covid-19”. Explican que esta anómala situación “obrigou, por un lado, o alumnado de todas as etapas a seguir formándose por medios telemáticos” e por outro o confinamento obrigou “a milleiros de persoas a teletraballar”.

Reunións telemáticas

A RAG suspendeu as reunións presenciais das seccións e dos seminarios por mor do estado de alarma.

Desde a institución informan que esta semana incorporaron 130 voces novas ou actualizadas polo Seminario de Lexicografía desde o mes de xaneiro.

Comentarios