Endesa é unha empresa que ten en Galiza 6 centrais hidráulicas, 1 minicentral, 1 térmica e 5 parques eólicos. No noso país produce máis de 2.800.000 Kw. Mais os idiomas de atención os seus clientes galegos son castelán.. ou inglés ou catalán. De galego, cero.
Isto é o que están a denunciar clientes desta empresa e que tamén denuncia A Mesa pola Normalización Lingüística, que comezou nas redes sociais unha campaña para que o galego sexa unha opción de idioma para a clientela galega.
A Mesa mesmo sinala que Endesa “ incumpre varias leis non atendendo as consultas de clientes galegofalantes” e pregunta que vai facer a Secretaría Xeral de Política Lingüística para solucionalo.