Educación reprende unha profesora por ensinar matemáticas en galego na Pontenova

Unha profesora do Instituto de ensino secundario Enrique Muruais, na Pontenova, vén de denunciar nas súas redes sociais o apercibimento administrativo por impartir clase de matemáticas en galego.

colexio A Pontenova Sabela Núñez Singala
photo_camera Imaxe da pizarra da aula de matemáticas impartida pola docente e pendurada por ela mesma nas redes sociais.

Nunha mensaxe pendurada no seu muro de Facebook, a docente do Instituto de ensino secundario Enrique Muruais, na Pontenova, explicaba que “o 100% do alumnado é galego falante. A profesora tamén aprobou hai 28 anos unha oposición para ser docente na Galiza”. A continuación, expón o seu método de funcionamento.

“Cada inicio de curso comento na aula que en 2010 a Xunta sacou un decreto que me 'obriga' a impartir as clases en castelán”, escribe, “falamos do sentido común e seguimos a entendernos de marabilla na nosa lingua”. Mais á Consellaría de Educación non lle vale.

“Esta semana a Administración contactou comigo para falarmos da miña desobediencia e lembrame que, na Galiza, as matemáticas non poden impartirse en galego, só en castelán ou en inglés!!!”.

Comentarios