Unha doutora do Sergas exixe a familiares dun moribundo non falaren galego na súa propia casa

“No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano”, exixiu a doutora cando realizaba a atención no domicilio do paciente, en Oleiros. Un familiar denunciou os feitos ante o Sergas

O galego? Nin na propia casa, esa república independente de que fala a publicidade. Non tan independente cando é persoal do Sergas para atender un paciente e, fóra do asunto da vista,  lle dá por recriminarche que fales no teu idioma e exixirche que fales en español. Isto pasou (certo, pasou, non é unha brincadeira) en Oleiros, segundo vén de denunciar a Mesa pola Normalización Lingüística. Unha doutora do servizo de emerxencias do Sergas nesa localidade, ao observar que nese fogar utilizaban o galego exixiu a un dos familiares: “No te tengo por qué entender y me tienes que hablar en castellano”.

A Mesa reclama que o Sergas responda a esta denuncia cunha “investigación a fondo e as medidas disciplinarias correspondentes” xa que se trata dunha “discriminación moi grave, non só no plano lingüístico, pois prodúcese nunha situación de especial vulnerabilidade”. Ademais, a maior asociación cultural de Galiza responsabiliza directamente ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que haxa unha “maré de discriminacións contra o galego na Administración autonómica”, froito das “reiteradas mensaxes galegófobas do goberno”.

A Mesa achega tamén o escrito de denuncia que entregou un familiar afectado perante a Xunta:

 

Comentarios