Dotación do Estado nos últimos 7 anos para a cinematografía en linguas cooficiais distintas do castelán: cero euros

Así se recolle nunha resposta a unha pregunta parlamentar no Congreso do deputado vasco Jon Iñarritu.

A Mesa lanzo pipocas esta cuarta feira (Foto: Nós Diario).

A dotación orzamentaria do fondo do Estado para a produción, distribución e promoción cinematográfica en gaslego, vasco ou catalán foi nos últimos sete anos dun total de... cero euros.

Así se recolle na resposta a unha pregunta formulada no Congreso polo deputado de EH Bildu Jon Iñarritu. Nesa resposta especifícase que se ben en anos como 2012, 2011 e anteriores si houber estas partidas, non foi así entre 2013 e 2019.

Neses sete anos, coincidentes coincideu cos do Goberno de partido Popular de Mariano Rajoy, esa partida para a cinematografía nun idioma cooficial diferente do castelán estivo “sen dotación”, como se explicita na resposta parlamentar.

Ou, como resume o propio Jon Iñarritu a través das redes sociais, “0 euros”.
 

Comentarios