Mais un Correlingua na rúa. Do 2 ao 16 de maio: correr polo país por un galego sen cancelas

O Correlingua 2017 foi presentado esta terza feira na Deputación da Coruña, con presenza das diferentes entidades colaboradoras. “

18-abr-2017_CORRELINGUA___0S9

"Precisamos un esforzo conxunto porque esta é unha carreira de fondo". A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, animou esta terza feira, na presentación do Correlingua 2017, á que chamou ‘Xeración Correlingua’ a continuar a amosar "alegría e entusiasmo" na defensa da lingua. Fíxoo na sede da Deputación e catro meses despois de recibiren o Correlingua o premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. Esta nova edición comezará o vindeiro 2 de maio en Monforte de Lemos e rematará o 16 na Estrada, tendo como lema ‘En galego, sen cancelas’..

"Cando esa enerxía é colectiva si que avanzamos e chegaremos o momento en que neste país se poda desenvolver a nosa vida plenamente en galego", apuntou nun acto en que participaron nenas e nenos e mozas e mozos que gañaron os tres concursos vinculados ao Correlingua, o de banda deseñada, o de vídeo e o manifesto.

Marta Dacosta, por parte da organización do Correlingua, destacou o protagonista do alumnado nesta iniciativa que reúne cada ano miles e miles de estudantes A carreira rematará que rematará cunha festa final en que participarán Isabel Risco e Luís Caruncho.

No acto interviron tamén o secretario nacional da CIG Ensino, Anxo Louzao, o presidente da AS-PG, Xoán Costa e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira ademais do deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal e o deputado de Deportes e Innovación de Lugo, Pablo Rivera.

No acto entregáronse os diplomas ao alumnado gañador dos diferentes certames: Certame Banda Deseñada ao alumnado do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense, o Certame de Vídeo ao alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal e Certame Manifesto ao alumnado do CPI Afonso VII Caldas de Reis.

Comentarios