A Deputación da Coruña invénta localidades por onde vai pasar ‘La Vuelta’: Puentedeume, Puente de las Pías

A Mesa denuncia que a institución que preside Diego Calvo anuncia que a etapa ciclista transcorrerá por ‘Puentedeume’ e ‘Puente de las Pías’.

‘Puentedeume’ e ‘Puente de las Pías’ son dous dos puntos polos que decorre ‘La Vuelta’ en Galiza segundo a Deputación da Coruña. Máis unha agresión á toponimia galega, segunda A Mesa Pola Normalización Lingüística. Para o seu presidente, Marcos Maceira: “chama escandalosamente a atención a exclusión do galego en toda a cartelaría pagada con fondos públicos que inza Galiza estes días con motivo do evento deportivo”

Para esta asociación resulta extremadamente grave que a propia Administración, “que debería velar pola protección do noso patrimonio cultural, sexa quen teime na deturpación da nosa toponimia, con actitudes que deberían estar superadas desde hai décadas”. Neste sentido, A Mesa lamentou o que considera unha mostra máis da “minusvaloración do noso” e do “desprezo cara á cultura galega que está a caracterizar o mandato de Diego Calvo na Deputación da Coruña”.

 “Xunto á deturpación da toponimia chama a atención escandalosamente a exclusión do galego de toda a cartelaría que inza Galiza estes días con motivo do evento deportivo, moita con financiamento público, ou os sinais de tránsito que a Deputación coruñesa está a instalar sen unha palabra en galego” indicou Marcos Maceira.

Comentarios