Deputación da Coruña insta a un funcionario a non empregar o galego no seu traballo escrito

O presidente da entidade, Diego Calvo xustifica a súa petición en que hai dificultades para implantar o galego no traballo escrito do rexistro xeral e que é mellor manter o uso do español

Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña
photo_camera Diego Calvo

A Deputación da Coruña deu instrucións a un funcionario para que non emprego o galego no seu traballo escrito, segundo sinalan na Cadea Ser-Galiza. Así consta na resposta que o propio presidente da entidade provincial, Diego Calvo, remiteu a este funcionario. O BNG xa anunciou que levará este tema ao Parlamento de Galiza, onde pedirá a reprobación da medida.

Diego Calvo xustifica a súa petición en que hai dificultades para implantar o galego no traballo escrito do rexistro xeral e que é mellor manter o uso do español. Os nacionalistas lembran que o programa informático está en galego.

Comentarios