Demandan máis prazas de portugués nas oposicións

 A Associação de Docentes de Português na Galiza (DPG) avalía os datos presentados por Política Lingüística. Urxen a convocatoria de oposicións nas que se teña en conta e apuntan aos estudos primarios, sen profesorado neste idioma.
O secretario xeral de Política Lingüística presentou no Parlamento o informe anual de seguimento desta lei para o aproveitamento dos vínculos coa lusofonía (Xunta da Galiza).
photo_camera O secretario xeral de Política Lingüística presentou o informe de seguimento da lei para o aproveitamento dos vínculos coa lusofonía (Foto: Xunta)

A través dun comunicado, a Associação de Docentes de Português na Galiza (DPG) quixo valorar os datos facilitados o pasado 17 de decembro polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión 4º da Comisión de Cultura e educación do Parlamento da Galiza. 

Desde DPG cren que para incluír esa materia progresivamente en todos os centros de ensino galegos debería aumentar o profesorado a través das convocatorias de oposicións e terían que realizarse mellorar normativas adecuadas que acompañen o avance da materia nos centros.

Estremadura e a Galiza

O profesorado de portugués lembra, en relación á nova publicada por Nós Diario, a implantación desta lingua no ensino estremeño. "O total de população galega (2.696.995) multiplica por dois a atual população estremenha (1.057.999 milhões de habitantes)" polo que sinalan que "para podermos atingir um nível semelhante ao da Estremadura os nossos dados sobre ensino de português deveriam duplicar aqueles com que se tem feito, mais uma vez, a comparativa oficial". 

Aclaran que, no caso galego, "no ensino primário não há oferta alguma para docentes de português", algo que contrasta "con 36 docentes da Estremadura em 55 centros educativos de primário". Neste sentido, afirman que xa están a elaborar propostas de mellora en futuras reunións coa Consellaría. 

Con respecto ao secundario, sinalan que hai "apenas 12 docentes de português contratados de facto em setembro através da especialidade para os mais de 73 centros educativos dependentes do governo onde se estuda a matéria neste ano escolar" cando no caso estremeño son 139 os docentes da especialidade para 82 centros educativos.

No referido ás escolas oficiais de idiomas, desde a DPG demandan ampliar, no mínimo, a Monforte e Carballo a oferta da materia para pasarmos das 7 escolas de idiomas actuais a 9 escolas, o mesmo número que ten agora Estremadura. 

Deste esta asociación conclúen que "a principal mostra de vontade política do Governo em querer avançar será sempre continuar a convocar vagas em todas as convocatórias de concurso público de secundário".

Comentarios