Cultura da Coruña convida á Festa das Letras Galegas do 17 de maio... en español

“Con el objetivo de potenciar y promover el uso del gallego en el juego...” así comeza o correo de envío masivo remitido pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña para convidar á veciñanza á Festa das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio. 

Un correo electrónico en español dirixido a milleiros de veciños e veciñas da Coruña é a maneira que a Concellaría de Cultura ten de convocar a Festa das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. O correo anuncia unha programación, para potenciar e promover o uso do galego fóra das aulas “entre  los más nuevos y el público en general”. 

Como se pode apreciar no propio texto remitido aos correos electrónicos particulares da cidadanía, trátase dunha tradución automática do galego. Malia iso, no encabezado do correo electrónico encamíñase só a versión en español, cun enlace á páxina web de Cultura tamén na súa versión en español na que, mesmo o nome do proxecto “O Paporrubio” que participa no programa vai ser traducida por “El Petirrojo”. Contra o que acontece no correo electrónico, a páxina web dá a posibilidade de ir á versión en galego, máis de saída a que se abre é a que está en español. 

Comentarios